Últimamente pásancheme moitas cousas bonitas. Desde este fin de semana non deixaron de pasarme...❤ ou quizáis xa me pasaban antes e eu non me decataba. Pero e que esta semana foi unha detrás de outra. Preguntome por que será. Quizais chegou a hora de que fose así, ou quizais é por que eu descubrín quen quero ser e que quero facer e a vida me vai mellor. Non o sei, pero oxalá siga así por moito tempo máis e as cousas malas se reduzcan a unha mínima parte. Recoñezo que son unha persoa moi positiva cando quero, e moi negativa cada vez que algo malo pasa, pero a partir de agora serei positiva en todo. Está claro que non son a mellor fotógrafa nin a mellor escritora pero a min é o que me gusta facer, e é algo no que ao pasar o tempo podo ir mellorando e aprendendo. Non me preocupa. Debo recordarme a min misma ter sempre a mesma felicidade e positividade de esta semana sempre. Aínda que pasen cousas malas, sempre haberá algunha boa. Brindemos polas cousas boas! Como vedes na foto, incluso no medio da tormenta as cores aparecen pra darlle alegría.🌈 #chuvia #venta #ventana #arcoiris #gotasdeagua #colores #cores #bonitas #felicidade #positivismo #galiciacalidade #semprechove

Arco iris por photography_storm

Follow Rainbowgram on Twitter Facebook Google+